Curso “Plans de comunicación para entidades de caracter social e cultural”

Nome do curso Plans de comunicación para entidades de caracter social e cultural
Descrición breve A comunicación é unha ferramenta para abrir os ollos e as orellas, para tocar o entorno e modificalo con gusto colectivo. A comunicación potencia e constrúe o traballo colaborativo a través da súa potencial transversalidade. Remataron as liñas rectas e as vías únicas. Neste obradoiro traballarase dende a pluralidade das prácticas comunicativas vixentes nas entidades abordando a posibilidade de planificación dende as peculiaridades de cada organización, creando así un espazo de descubrimento e aprendizaxe colectiva.
Horas Introdutorio: 8 horas.
Avanzado: 16 horas.
Prezo Introdutorio: 15€ / persoa (máximo 10 persoas)
Avanzado: 20€ / persoa (máximo 10 persoas)
Obxectivos · Dar a coñecer os pasos dun Plan de Comunicación dun xeito áxil e ameno.
· Reflexionar sobre as diferentes ferramentas comunicativas que empregan as entidades/persoas participantes.
· Imaxinar xeitos de comunicar diferentes
Persoas/Entidades destinatarias Entidades sociais e culturais e persoas individuais interesadas.
Descrición ou índice dos contidos As entidades adoitamos traballar con en moitas frontes diferentes e empregando distintas ferramentas comunicativas e abordando temáticas ben variadas. Mais faise preciso planificalas e estruturalas en torno a obxectivos, tempos e recursos para sacarlles o maior partido posible. O Plan de Comunicación é ese documento práctico, flexible e modificable, no que recollemos todas as accións que temos previsto traballar e as ferramentas que imos a empregar, marcando claramente os públicos, os obxectivos e a medición dos resultados obtidos.

Contidos
· Plan de Comunicación: descrición, estrutura, análise da utilidade.
· Ferramentas comunicativas: descrición e análise
· Como se fai un Plan de Comunicación? Espazo práctico
· Dinámica de creatividade para descubrir e inventar outros xeitos de comunicar

Metodoloxía Fomentamos unha metodoloxía participativa que promova as prácticas experienciais e fomente a creatividade. Neste obradoiro combinaranse momentos máis expositivos (que se enfocarán de xeito lúdico) con espazos de traballo conxunto sobre situacións reais que preocupen a cada entidade/persoa.
Material necesario Ordenador, proxector, material de papelería, , bo humor, gañas e espazos amables co ser humano (imprescindibles)
Docente/s Tempo de Loaira S. Coop. Galega.

Contacto para este curso: tempodeloaira@gmail.com / tlf.  686 552 526 (Aida)