Nome do curso | Planificacións estratéxicas para entidades |
---|---|
Descrición breve | Planificar para axudarnos a esbozar o futuro, para darlle luz ás motivacións e intereses, para palmear os ritmos que haberemos de bailar coas compañeiras. A través da construción das Planificacións Estratéxicas baixamos o mundo ideal no que se moven as nosas misións e visións ao plano máis terreal, dando respostas con enunciados propositivos ás múltiples preguntas que nos xorden no día a día e na toma de decisións da nosa entidade: que, como, cando e con quen queremos facer o que nos gusta facer? |
Horas | Introdutorio: 8 horas. Avanzado: 16 horas. |
Prezo | Introdutorio: 15€ / persoa (máximo 15 persoas) Avanzado: 20€ / persoa (máximo 15 persoas) |
Obxectivos | · Dar a coñecer os compoñentes dun Plan Estratéxico dun xeito áxil e ameno. · Coñecer e experimentar con ferramentas e metodoloxías. · Construción colectiva e práctica das liñas do noso Plan Estratéxico. |
Persoas/Entidades destinatarias | Entidades sociais e culturais e persoas individuais interesadas. |
Descrición ou índice dos contidos | As entidades adoitamos traballar en moitos ámbitos diferentes, caracterizados por un amplo abano de temáticas de especialización, metodoloxías, espazos e tipo de persoas ás que nos diriximos. Unha auténtica ensalada de froitas. É por isto que faise preciso planificalas e estruturalas en torno a obxectivos, tempos e recursos para sacarlles o maior rendemento e axudarnos a orientar o noso traballo a medio prazo. A Planificación Estratéxica é ese documento práctico, flexible e comunitario no que recollemos os nosos xeitos de facer, as nosas priorizacións e motivacións aterradas en ferramentas, os públicos, os obxectivos e os indicadores que nos axuden a dar conta dos resultados obtidos.Contidos · Plan Estratéxico: descrición, estrutura, análise da utilidade. · Ferramentas para a construción colectiva dun Plan Estratéxico. · Como se fai un Plan Estratéxico? Espazo práctico |
Metodoloxía | Fomentamos unha metodoloxía participativa que promova as prácticas experienciais e fomente a creatividade. Neste obradoiro combinaranse momentos máis expositivos con espazos de traballo conxunto para a construción colectiva dunha planificación estratéxica. |
Material necesario | Ordenador, proxector, material de papelería, bo humor, gañas e espazos amables co ser humano (imprescindibles). |
Docente/s | Tempo de Loaira S. Coop. Galega. |
Contacto para este curso: tempodeloaira@gmail.com / tlf. 686 552 526 (Aida)