Curso “Introdución á xestión do tempo”

Nome do curso Introdución á xestión do tempo
Descrición breve Nocións básicas sobre a xestión do tempo e das tarefas, ferramentas e suxestións.
Horas Dúas posibilidades:
1. Introdutorio: 2 horas.
2. Intensivo: 4 horas.
Prezo 1. Introdutorio: 20€/persoa.
2. Intensivo: 30€/persoa.
[Grupo mínimo: 5 persoas]
[Prezos reducidos ao contratar para varios grupos]
Obxectivos 1. Comprender a importancia do noso tempo, tanto persoal como laboral.
2. Identificar a necesidade de xestionar as tarefas diarias.
3. Coñecer exemplos de ferramentas e métodos de xestión.
Persoas/Entidades destinatarias Todo tipo de persoas, empresas e entidades.
Descrición ou índice dos contidos 1. Introdución.
2. Os ladróns de tempo e as antitarefas.
3. Consellos de boas prácticas.
1. Ordenación e xestión da información e das tarefas: Getting Things Done / Zen To Done.
2. Ordenación e nomenclatura de ficheiros e cartafoles.
3. Ordenación e xestión dos correos electrónicos.
4. Os espazos de traballo, o propio e o compartido. A separación de áreas e a metodoloxía 5S.
4. A concentración e as complicacións. KISS (Keep it simple), YAGNI (You Ain’t Gonna Need It), e Técnica Pomodoro.
5. Os tempos das tarefas, todo baixo control?
Metodoloxía Curso presencial. Os contidos son adaptables ás necesidades das persoas asistentes.
Material necesario Ningún específico.
Docente/s 1. Introdutorio: MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega.
2. Intensivo: MaOs Innovación Social + José Ramom Pichel.

Contacto para este curso: maos@maos.gal / tlf.  694 401 505