Curso “Habilidades sociais e xestión de grupos”

Nome do curso Habilidades sociais e xestión de grupos
Descrición breve Claves para un bo funcionamento grupal e unha efectiva xestión das habilidades sociais.
Horas 14 horas.
Prezo 40€
[Grupo mínimo: 10 persoas]
[Prezos reducidos ao contratar para varios grupos]
Obxectivos Analizar o noso traballo en equipo.
Proporcionar claves para facer máis efectivo o traballo grupal.
Coñecer dinámicas e técnicas de traballo en equipo.
Traballar elementos básicos das habilidades sociais para favorecer o funcionamento do grupo.
Persoas/Entidades destinatarias Todo tipo de persoas, empresas e entidades.
Descrición ou índice dos contidos Sesión 1. Introdución ao funcionamento grupal
Que é un grupo e como funciona. Roles e estruturas de funcionamento. O grupo ideal. A facilitación e dinamización de grupos
Sesión 2. Ingredientes para un bo funcionamento grupal (I): xuntanzas
As xuntanzas necesarias para o funcionamento do grupo. Tipos de xuntanzas. Metodoloxía para unha xuntanza efectiva.
Sesión 3. Ingredientes para un bo funcionamento grupal (II): as emocións
Aspectos emocionais do funcionamento grupal. As emocións como motor da creatividade grupal.
Sesión 4. Ingredientes para un bo funcionamento grupal (III): os conflitos
Definición e xestión dos conflitos. Claves para a elaboración dunha metodoloxía propia na resolución dos conflitos do grupo.
Sesión 5. Interaccións do grupo coa contorna (I): imaxe e proxección
Cartografía das relacións do grupo coa sociedade. Definición da imaxe grupal e construción dunha proxección colectiva.
Sesión 6. Interaccións do grupo coa contorna (II): habilidades sociais e estratexias de comunicación
Identificación de destinatarios e grupos de interese. Estratexias de comunicación e colaboración cos destinatarios e grupos de interese.
Metodoloxía Participativa.
Material necesario Ningún específico.
Docente/s Miguel Pardellas Santiago.

Contacto para este curso: miguel_pardellas@yahoo.es / tlf. 609 90 95 64