Curso “Formulación específica en enfoque de marco lóxico aplicado á cooperación internacional para o desenvolvemento”

Nome do curso Formulación específica en enfoque de marco lóxico aplicado á cooperación internacional para o desenvolvemento
Descrición breve O Enfoque de Marco Lóxico é unha metodoloxía específica para a identificación e planificación de proxectos. O obxectivo desta metodoloxía é chegar a unha proposta de intervención nun lugar concreto para unha poboación determinada e cuns obxectivos precisos. Para iso, a ferramenta metodolóxica establece unha serie de pasos ben guiados que conducen a unha análise sistemática da zona na que se quere traballar e, posteriormente, apoiándose nesa análise, proponse un proxecto con todos os seus elementos claramente definidos.
Horas Introdutorio: 16 horas.
Avanzado: 32 horas.
Prezo Introdutorio: 15€ / persoa (máximo 30 persoas)
Avanzado: 20€ / persoa (máximo 30 persoas)
Obxectivos · Coñecer a orixe teórica e a aplicación práctica do Enfoque de Marco Lóxico nos proxectos de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
· Aprender a formular un proxecto de cooperación internacional dende o enfoque de Xénero no Desenvolvemento.
· Cuestionar a propia metodoloxía enfrontándoa a novas correntes formuladoras.
Persoas/Entidades destinatarias Entidades sociais, persoas interesadas en cooperación internacional para o desenvolvemento
Descrición ou índice dos contidos · Enfoque de Marco Lóxico: breve introdución teórica
· Ciclo do proxecto: análise das diferentes partes do ciclo vital dun proxecto de cooperación internacional
· O Enfoque de Xénero no Desenvolvemento: unha perspectiva irrenunciable.
· Aplicación práctica nun proceso de formulación real.
· Enfrontamento de enfoques e metodoloxías
Metodoloxía A pesar de que esta formación contén unha boa parte expositiva, todo se realizará dende o enfoque participativo e experiencial, que se fomentará a través de dinámicas de traballo grupal e coa achega de exemplos concretos e reais sobre proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento.
Material necesario Material de papelería, ordenador, proxector (últimos prescindibles), bo humor, gañas e espazos amables co ser humano (imprescindibles)
Docente/s Tempo de Loaira S. Coop. Galega.

Contacto para este curso: tempodeloaira@gmail.com / tlf.  686 552 526 (Aida)