Curso “Formación en educación para o desenvolvemento”

Nome do curso Formación en educación para o desenvolvemento
Descrición breve A Educación para o Desenvolvemento é un enfoque que considera a educación coma un proceso dinámico, interactivo e participativo, orientado á formación integral das persoas; a súa concienciación e comprensión das causas locais e globais dos problemas do desenvolvemento e as desigualdades Norte-Sur, y su compromiso para la acción participativa y transformadora.
Horas Introdutorio: 8 horas.
Avanzado: 16 horas.
Prezo Introdutorio: 15€ / persoa (máximo 20 persoas)
Avanzado: 20€ / persoa (máximo 20 persoas)
Obxectivos · Ofrecer unha visión ampla e crítica sobre os diferentes enfoques da Educación para o Desenvolvemento.
· Presentar os conceptos básicos da Educación para o Desenvolvemento a través dos novos marcos teóricos.
· Coñecer o que se está a facer en materia de Educación para o Desenvolvemento en Galicia
· Adquirir as ferramentas para poder preparar unha intervención de Educación para o Desenvolvemento
Persoas/Entidades destinatarias Entidades sociais e culturais, persoas individuais interesadas na temática
Descrición ou índice dos contidos · A Educación para o Desenvolvemento: unha achega teórico-práctica dende o desenvolvemento e dende as pedagoxías críticas.
· O enfoque de xénero nas propostas de EpD.
· A experimentación metodolóxica: o xogo como espazo do saber.
· A preparación dun proxecto de Educación para o Desenvolvemento: traballo práctico.
Metodoloxía Empregaremos un enfoque participativo que parte da necesidade de unir a produción de coñecemento e a aplicación do mesmo, a través da combinación do individual co colectivo, e o colectivo co individual. Fomentaremos tamén dinámicas lúdicas que nos permitan xerar coñecemento e, á vez, debater sobre o mesmo.
Material necesario Material de papelería, ordenador e proxector (prescindibles), bo humor, gañas e espazos amables co ser humano (imprescindibles).
Docente/s Tempo de Loaira, S. Coop. Galega.

Contacto para este curso: tempodeloaira@gmail.com / tlf.  686 552 526 (Aida)