Curso “Deseño e desenvolvemento de procesos participativos no eido ambiental”

Nome do curso Deseño e desenvolvemento de procesos participativos no eido ambiental
Descrición breve Aspectos clave na planificación e execución de procesos participativos ligados á xestión ambiental.
Horas Dúas posibilidades:
1. Introdutorio: 4 horas.
2. Intensivo: 16 horas.
Prezo 1. Introdutorio: 15€/persoa.
2. Intensivo: 60€/persoa.
[Grupo mínimo: 10 persoas]
[Prezos reducidos ao contratar para varios grupos]
Obxectivos Coñecer aspectos claves da participación cidadá e a súa relación coa xestión ambiental.
Avanzar no deseño de procesos participativos.
Coñecer e practicar dinámicas participativas.
Persoas/Entidades destinatarias Todo tipo de persoas, empresas e entidades.
Descrición ou índice dos contidos Aspectos teóricos básicos da participación cidadá e a educación ambiental.
Características dos procesos participativos. Tipoloxías e criterios de calidade.
O deseño e planificación dun proceso de participación ambiental.
Ferramentas, dinámicas e técnicas participativas
A importancia da comunicación.
Algunhas claves e cousas para non esquecer…
Metodoloxía Participativa.
Material necesario Ningún específico.
Docente/s 1. Introdutorio: Miguel Pardellas Santiago.
2. Avanzado: Miguel Pardellas Santiago + Feitoría Verde + MaOs Innovación Social.

Contacto para este curso: miguel_pardellas@yahoo.es / tlf. 609 90 95 64

Advertisements