Proxecto RuralActivo

Semente RuralActivo
Como é a semente? Proceso de diálogo e traballo colectivo coa veciñanza a partir do cal deseñar proxectos de autoemprego partindo dos recursos do noso rural.
Cales son as súas raíces?
  • Xerar un proceso de participación social para a valorización dos recursos endóxenos.
  • Mellorar o diálogo e as relacións veciñais.
  • Conxugar as potencialidades do patrimonio material e inmaterial do rural co autoemprego.
  • Crear un banco de ideas de autoemprego.
  • Pór en marcha proxectos reais de autoemprego vencellados cos recursos endóxenos.
Quen vai poder comer os seus froitos?
  • Veciñanza e entidades sociais do medio rural.
  • Calquera persoa con algunha idea para o autoemprego.
Como se sementa? Cunha duración de 1 a 2 anos, consta de 3 fases:

  1. Elaboración dunha diagnose colectiva de recursos potenciais para o autoemprego. Esta diagnose realízase a través dun proceso participativo que se estrutura nunha serie de sesións que denominamos Faladoiros.
  2. Escola de Coñecementos: a partir das conclusións da fase anterior, deseñamos un proceso formativo coas materias máis demandadas polo grupo.
  3. Fase de asesoramento e seguimento de proxectos: aquelas iniciativas de interese e con posibilidades, (Banco de Ideas de Autoemprego), poden comezar o seu camiño nesta última fase acompañadas polo equipo de traballo de MaOs e Feitoría Verde.
Que froitos se esperan ou se deron?
  • Proceso de intercambio entre a veciñanza local.
  • Proxectos de autoemprego
  • Creación de sinerxías
  • Valorización dos recursos locais.
  • Mellora da socioeconomía local.
Que aprendizaxes poderemos utilizar para a próxima sementeira?
  • Mellora da cohesión social.
  • Aumento da capacitación e implicación social en materia de patrimonio e medio ambiente.
  • Aumento do coñecemento dos recursos locais.

Queres máis información sobre este proxecto-modelo? Contacta con feitoriaverde@feitoriaverde.com / tlf. 698 161 76 ou con maos@maos.gal / tlf. 694 401 505