SEMENTE |
Proxecto Batefogo. Prevención de lumes forestais a través da intervención social |
Como é a semente? |
O Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural. |
Cales son as súas raíces? |
- Reducir o número e o impacto dos lumes forestais.
- Fomentar os usos sustentábeis do monte e a dinamización económica do medio rural.
- Xerar unha nova cultura forestal.
- Pór en valor os elementos patrimoniais e culturais do territorio.
- Promover unha custodia participativa do territorio.
|
Quen vai poder comer os seus froitos? |
Esta iniciativa está pensada para a súa aplicación en calquera lugar da nosa xeografía e está dirixida a todo tipo de entidade (administración pública, comunidades de montes, etc.) con vontade de póla en acción. |
Como se sementa? |
Emprégase unha metodoloxía de traballo baseada en combinar catro procesos de forma paralela:
- Elaborar un estudo do territorio, que nos permita coñecer en detalle as características xeográficas, históricas, socioeconómicas, ecolóxicas e culturais.
- Impulsar un proceso participativo co obxectivo de diagnosticar a problemática dos lumes e as súas características concretas no territorio, identificando actores clave, aspectos a ter en conta, espazos sensibles, potencialidades da contorna e oportunidades en clave produtiva e de xeración de emprego.
- Desenvolver unha campaña de educación ambiental con actividades para distintos públicos que dinamicen a comunidade, achegue información sobre aspectos relevantes na xestión do territorio e anime á participación activa.
- Articular unha campaña de comunicación que dea conta de cada un dos pasos que se están a dar para acadar a máxima repercusión social e participación cidadá posíbel.
|
Que froitos se esperan ou se deron? |
- A redución dos lumes e a súa extensión
- A creación de emprego a través de iniciativas sustentábeis que revaloricen o territorio.
- Unha maior cohesión social das comunidades destinatarias
|
Que aprendizaxes poderemos utilizar para a próxima sementeira? |
- A importancia do papel dos maiores na recuperación de saberes e usos tradicionais e sustentábeis.
- A importancia da prevención dos conflitos como primeiro paso para reducir os lumes.
- A creatividade colectiva como motor de desenvolvemento comunitario
|
Queres máis información sobre este proxecto-modelo? Contacta vía info@batefogo.com / tlf. 609 90 95 64
Gústame esto:
Gústame Cargando...