Alcouve

Laboratorio de Ideas e Proxectos de Dinamización do Rural

O rural: un espazo para a innovación e o emprendemento sustentable

ALCOUVE | Laboratorio de Ideas e Proxectos para a Dinamización do Rural, é unha plataforma construída por un grupo de persoas e cooperativas da asociación Granxa de Servizos que desde hai varios anos traballamos colaborativamente na posta en marcha de distintos proxectos de carácter social e ambiental.

O rural é un espazo onde hoxe as necesidades e as posibilidades van da man. Necesidades, moitas, porque é certo que unha boa parte do rural galego está a sufrir un acelerado proceso de envellecemento e despoboamento. Posibilidades, moitas máis, porque os recursos sociais e naturais cos que conta están agardando que alguén os poña en marcha, que alguén os reactive. Mais, en demasiadas ocasións, as alusións ao rural na Galiza só van acompañadas das necesidades; a modernidade e a idealización do espazo urbano seguen a influír nesta visión derrotista e afastada da realidade. Cando menos, da realidade que nós proxectamos.

Desde o ALCOUVE | Laboratorio de Ideas e Proxectos para a Dinamización do Rural queremos mobilizar os recursos endóxenos das comunidades rurais a través de proxectos e iniciativas ao redor da innovación e o emprendemento sustentable.
Temos algunhas propostas-sementes e agora temos tamén un alcouve-laboratorio, un espazo de confluencia onde ideas e proxectos poidan contribuír á dinamización do medio rural, compartindo proxectos, recursos e experiencias. De seguro que haberá unha boa colleita!

Para saber máis consulta a páxina Que é o Alcouve? ou as nosas Propostas-sementes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s