A asociación Granxa de Servizos é entidade sen fins lucrativos constituída no ano 2012 que integra persoas, iniciativas empresariais e entidades de diversos ámbitos profesionais que partillan unha filosofía común: entendemos o noso traballo como emprendedorismo social que procura o beneficio colectivo por medio do estabelecemento de dinámicas colaborativas.
Os seus fins e obxectivos encóntranse recollidos no artigo 5º dos Estatutos e están relacionados fundamentalmente co fomento do emprendedorismo e da economía social. e coa creación de espazos para o intercambio de experiencias, ideas e recursos.
A finais do ano 2015 inaugurouse o Alcouve, Laboratorio de Ideas e Proxectos de Dinamización do Rural e tamén se lanzou a oferta o servizo de cursos impartidos por persoas e entidades socias.
Estatutos: [PDF]
Ficha de solicitude de inscrición: [PDF]