A Granxa de Servizos ten un novo servizo: a oferta de cursos impartidos polas súas persoas e entidades socias. Os cursos son de temáticas e formatos diversos e son unha mostra da rica variedade en temas e intereses que se poden encontrar na nosa asociación. Están orientados para todo tipo de persoas, empresas e entidades que os soliciten.
Cada curso ten as súas características e duración específicas, mais comparten determinadas propiedades: son de duración curta ou media e de data negociábel, de momento non existe un calendario pechado. [Existe a posibilidade de que convoque algún curso nunha data concreta, nese caso daríaselle publicidade específica.]
Podes consultar a lista completa dos cursos ofertados neste momento premendo aquí. Se che interesa un curso en concreto podes encontrar a forma de contacto ao final de súa descrición.