O pasado día 22 de febreiro tivemos a primeira Asemblea Xeral da Granxa de Servizos. Non foi só unha asemblea produtiva, aínda que amena, senón que tamén tivemos un ‘Bate Papo’ sobre dinámica de grupos e unha cea-convivio divertida e gostosa!
Na foto tendes o equipaso que participou desta primeira asemblea, falta xente e outra chegará máis adiante, imos aos poucos mais con bo pé!